Sergio García: ?Aspiramos a seguir crecendo e seguir creando o equipo que queremos ser?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá martes ás 18:00h fronte a UEMC Real Valladolid Baloncesto, correspondente á segundo xornada de liga LEB Ouro da tempada 21-22.

Sergio García comezou dicindo que ?houbo pouco tempo para darlle demasiadas voltas para darlle ao partido de Cáceres. Miramos e analizamos os erros e as cousas que podemos mellorar, e xa só centrarnos no partido en casa que afrontamos con ganas de ir crecendo como equipo. Agora mesmo todos somos conscientes de que estamos lonxe de ser o equipo que aspiramos a ser, pero temos que empezar polo principio. Queremos mostrarnos competitivos e queremos ser capaces de facer máis minutos de bo baloncesto, que fomos capaces de facer no primeiro partido pero foi insuficiente para poder conseguir a vitoria. A ver se somos capaces de facelo un pouquiño máis, e sobre todo apoiados polo público para que os mozos, neses momentos que nos que nos falta aínda gasolina para estar a máis nivel, véxanse reforzados e poidan ter ese extra para poder sacar un partido contra un rival moi serio?.

Sobre o conxunto valisoletano, o técnico do equipo laranxa incidiu en que se trata de ?un equipo moi completo, moi equilibrado, que polo que estamos a ver xa desde a pretemporada traballa moi ben os partidos, que ten xogadores moi importantes na competición como o caso de Sergio, de Wintering, Geks, e logo no xogo interior un xogador tan sólido como coñecemos nós a Justin, e o que parece un moi boa fichaxe como é Pippen. Creo que fixeron un equipo moi completo, que están moi ben traballados e é un rival que nos vai a custar moito. Pero aspiramos a seguir crecendo e aproveitalo para seguir creando o equipo que queremos ser, témolo que facer ás alancadas porque a competición non nos espera?.

Sobre o aumento do público en #OFornodeRiazor, o adestrador laranxa comentou que ?é o que agora mesmo necesita o equipo. Sabemos que o público vai estar detrás dos xogadores para empuxalos, para axudarlles, e iso sen ningunha dúbida vai ser un aspecto moi positivo para nós?.

En referencia á retirada de Zach Monaghan durante o encontro o pasado venres, Sergio dixo que ?realizáronlle unha resonancia. Parece que se descarta que sexa unha lesión de gravidade, pero de face ao partido non descartado pero practicamente?.

Por último, lembramos que están á venda tanto os abonos de tempada regular como as entradas para o encontro de mañá martes 12. Poderán adquirirse tanto na nosa web, nos despachos de billetes do Palacio ou na seguinte ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index