Sergio García: ?A xente está coa ilusión polo partido, vendéronse todas as entradas, e confío en que sexa un factor diferencial?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá sábado ás 18:30h, correspondente ao segundo partido de semifinais de Play-off, entre Leyma Coruña e Covirán Granada, no Palacio de Deportes de Riazor.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que ?é un partido polo que estivemos traballando toda a tempada, pero ao mesmo tempo somos conscientes de que non conseguimos nada ata o momento. É verdade que empezamos ben a eliminatoria gañando o primeiro partido, pero tamén somos conscientes de que o nivel dos dous equipos é moi parello e que temos que facer as cousas mellor do que fixemos o outro día, ese ten que ser o noso pensamento para poder gañar o partido aquí. Granada é moi bo equipo, ten xogadores que se atoparon con este tipo de situacións seguro durante a súa carreira e teñen a experiencia e o nivel de talento para expor un partido moi difícil. O que si é verdade é que confío en que, co apoio do público e o traballo que realizan os rapaces, sexamos capaces de facelo, mínimo un pouco mellor que o outro día?.

En relación á esixencia esixida, Sergio indicou que ?creo que ten que ser nosa mentalidade. Falámolo ao terminar o partido, pensamos que eles o van a facer mellor tamén e somos conscientes de que hai cousas que nós podemos mellorar, podemos ter un pouquiño máis de control nalgúns momentos do partido? O noso nivel defensivo o outro día foi bo, pero houbo momentos que tamén cometemos erros que sabemos que nós nos debemos cometer para non dar opcións, e si é verdade que tivemos un último cuarto brillante nese sentido pero temos que ser ambiciosos e pensar que podemos facelo mellor e que debemos facelo mellor porque seguro que eles tamén van vir con ese pensamento e mentalidade de facer un bo partido, e espero que entre todos xoguemos a máis nivel de que o fixemos o outro día?.

Sobre se é importante pechar xa a eliminatoria, o adestrador do conxunto coruñés comentou que ?oxalá, pero isto é deporte e temos que ser conscientes e convivir coa derrota. Ao final é un xogo de acertos e fallos e Granada é un equipo de moito nivel. Oxalá sexamos capaces de gañar pero tamén hai que estar preparados para todo. Estamos a falar de semifinais e se somos capaces de resolvelo en dous partidos fenomenal, pero se non, co do outro día gañámonos o dereito de ter un partido máis. Pero temos que ser conscientes e tamén convivir con que no deporte a derrota tamén existe?.

En canto á imbatibilidade do equipo laranxa nos play-off, Sergio dixo que ?déusenos ben polo momento. Non son moitos partidos, o segundo partido en Oviedo puido caer para calquera dos dous lados, pero se que é verdade que estamos nun nivel de madurez do equipo mellor do que viñamos, e eu creo que o equipo está a crecer nese sentido e estamos a competir ben. Pero non son tantos partidos como para botar campás ao voo. Temos que seguir sendo humildes e ambiciosos ao mesmo tempo, e estar preparados para todo?.

Sobre o factor cancha e a importancia do público no encontro de mañá, o adestrador non o dubida ?eles gañáronllo por ser o mellor equipo da liga regular. Fixemos un bo partido e recuperamos ese factor cancha para nós e eu estou seguro que a xente está coa ilusión polo partido, vendéronse todas as entradas, e confío en que sexa un factor diferencial. Vanlles a apoiar aos rapaces seguro, porque agora xa non hai tanta gasolina e necesitan dese empuxón extra para ese rebote, esa defensa, ese tiro? entón entre todos confío en que sexamos capaces de sacalo?.

Para terminar, e ao ser preguntado sobre se sente nun momento importante para o club, sobre a importancia histórica da situación que está a vivir, Sergio terminou dicindo que ?dinmo e é verdade. Eu creo que é moi positivo que a xente o estea gozando, que dentro do club tamén teñan esa ilusión, pero eu a nivel interno cos xogadores, é dicir, non terminamos nada, non conseguimos nada e cando todo termine xa faremos un balance. Agora o que nos ten que preocupar é que temos un partido o sábado e que queremos e imos tentar gañar. É o único que nos preocupa. Os balances, estatísticas e demais, para cando termine a tempada, pero é evidente que estamos onde estamos e que o equipo ten unha traxectoria moi boa?.