Sergio García: ?A ilusión e as ganas poden?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá venres ás 20:45h fronte a Cáceres Basket, correspondente á primeira xornada de liga LEB Ouro da tempada 21-22.

Sergio García comezou indicando que enfrontan o primeiro encontro ?con moita ilusión. Como os nenos que volven ao cole, nós estamos igual. É moito tempo desde que termina a tempada e xa tiñamos ganas. Se que é verdade que non tivemos unha pretemporada fluída como nos gustou, pero a ilusión e as ganas poden. O equipo está preparado e moi motivado para este arranque de competición?.

En relación á disputa do tres primeiras xornadas en menos de 10 días, o técnico comentou que ?os xogadores están encantados. Teñen que xogar moitos partidos, adestrarán menos e eles están encantados nese sentido. Nós, os adestradores, un pouquiño máis preocupados. Creo que necesitamos máis adestramentos para conjuntarnos, pero o inicio da competición é así para todos. Nós evidentemente só centrámonos no partido de Cáceres. Despois de Cáceres, xa pensaremos no seguinte?.

Ao ser preguntado sobre que se pode esperar deste Leyma Coruña, o adestrador do conxunto coruñés incidiu en que ?imos ter o mesmo nivel de compromiso, traballo, esforzo? É o que nos pide o club, o que lle gusta á nosa afección e é o que nos esiximos no día a día. É deporte, os resultados ás veces necesitas un pouco de fortuna. O ano pasado faltounos un poquillo ao final para ter máis opcións, pero imos confiar en que nos poidan ir un pouquiño mellor as cousas. Marcámonos entrar nos play-off, aí non renunciamos a nada, pero o obxectivo son os play-off. O equipo por traballo e ambición, non vai ser.?

Sobre a dificultade da competición (presenza de Estudantes, tema Marc Gasol-Xirona?), Sergio falou de ?cada ano, antes de empezar, todos estamos moi expectantes polo nivel da liga, o cal é algo positivo porque cada vez é máis potente. É evidente que hai un equipo que, a priori, está a outro nivel do resto. Case a ese nivel estaría Granada, Xirona se xoga Marc Gasol? Logo hai un grupete que espero que nós esteamos aí. Isto é deporte, hai que xogar e esperemos darlles moita guerra a eses equipos favoritos?.

En canto á renovación do persoal, o coach do conxunto laranxa comentou que ?cando completemos os 12 xogadores teremos un equipo dun nivel físico, mínimo como o que tiñamos o ano pasado, pero creo que puidemos mellorar ou é o que tentamos. Buscar xogadores para ter un pouquiño máis de control nos partidos, sobre todo pensando en partido importantes, e creo que nese sentido podemos ter un pouquiño máis de seguridade en partidos de tensión?.

Sobre o rival, Sergio indicou que ?fixeron un equipo moi interesante. Teñen excelentes tiradores, a nivel físico moi bo, xogadores moi móbiles. É un club e un equipo que sempre é competitivo. É unha primeira xornada, imos un pouco coas dúbidas de saber como imos estar, como van estar eles? pero si nos esperamos un partido complicado porque é un equipo que empeza a competición en casa e que seguro que o queren facer moi ben, polo que nos custará sacar a vitoria?.

Para terminar, e en referencia ao aumento da presenza de público nos pavillóns, o adestrador herculino indicou que ?o deporte, e neste caso o baloncesto, ten sentido co público, para nós o feito de poder xogar e ter o público apoiándoche é un extra. Mesmo cando vas fóra, ter público aínda que sexa en contra, tamén dá aliciente aos deportistas. Eu puiden gozar do público de Coruña na miña primeira tempada aquí, sei do que son capaces, axudan nos partidos cando a cousa ponse complicada e estamos a desexar poder xogar con eles e que nos axuden a ter a mellor tempada posible?.

Por último, lembramos que xa están á venda tanto os abonos de tempada regular como as entradas para o encontro do próximo martes 12. Poderán adquirirse tanto nas nosas oficinas, como na nosa web ou na seguinte ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.