Seis xogadores da nosa canteira nas convocatorias das preseleccións galegas

Un total de seis xogadores de canteira do Básquet Coruña estarán estarán concentrados coas preseleccións galegas do próximo 30 de setembro na Estrada no Pavillón Manuel Coto Ferreiro

No caso do infantil masculino os escollidos son Anxo Casais Romeu e Manuel Alejandro Gil Canas e os adestramentos serán de 10 a 12 e de 16 a 20h , mentres no cadete masculino son Raúl Vázquez Varela e Juan Veiguela Paz estarán de 12 a 14h e de 18 a 20 horas.

Mentres, no tocante á categoría feminina, en cadete feminino foron escollidas as nosas xogadoras Elena Lijó Rodríguez e Laura Ibáñez Díaz e adestrarán de 12 a 14 horas e de 18 a 20 horas.

Esperamos que todos os nosos xogadores gocen da experiencia con outros mozos e mozas da súa idade e sigan mellorando as súas destrezas.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.