A Federación Galega de Baloncesto a través da súa Área Deportiva realizou unha convocatoria para participar nun Programa de detección e control pechado (PDC) para xogadores e xogadoras nadas no ano 2005, é dicir, os xogadores que compiten en categoría infantil de primeiro ano.
En categoría feminina atópanse convocadas tres das nosas infantís; Branca Fernández Borrazás, Andrea López Pedreira e Aldara Vaamonde. Así mesmo, Anxo Casais Romeu, Mauro Gontá Gomez e Pablo José Pérez Pazos son o tres seleccionados na convocatoria masculina.
O adestramento está programado para o domingo 19 de novembro no Polideportivo do Colexio Compañía de María e os horarios serán diferentes para os dous grupos:
2005 Feminino de 16:30 h a 18:00 h
2005 Masculino de 18:15 h a 19:45 h
Os convocados deberán estar presentes 10 minutos antes do inicio da actividade deportiva.
Parabén aos convocados, e moita sorte neste novo PDC da Federación Galega de Baloncesto, onde como sempre, primará a deportividade, o respecto e a práctica do deporte desde a base.