Unha canastra de Zach Monaghan a falta de dous segundos para o final do encontro dá a vitoria ao Leyma Coruña por 69-70 en Pumarín, facendo historia e certificando o pase a semifinais.
Seriedade e concentración. Así saíu desde o minuto 1 o Leyma Coruña en Pumarín, no segundo encontro de cuartos de final de playoff. Durante a primeira parte o dominio laranxa foi claro, sendo esa concentración e a loita polo obxectivo das semifinais, as claves para gozar dunha exhibición por parte do conxunto herculino. Así o mostrou o marcador ao termo de ambos os cuartos, con 16-21 e 28-41, respectivamente.
Pero o conxunto local non ía deixar ir o partido, e á volta dos vestiarios apertaron as porcas e buscaron pór en aprietos ao equipo coruñés. Tocou enfundarse o mono e baixar ao barro para loitar con uñas e dentes pola vitoria e o pase a semifinais. O marcador do terceiro cuarto foi de 50-58, e no último cuarto, a igualdade do primeiro encontro mostrouse de novo na pista.
Moitos nervios e moita emoción neses 10 minutos finais, pero a vitoria foi laranxa. Rompendo o ?meigallo? e pasando a semifinais tras unha canastra de Zach Monaghan nos dous últimos segundos.
O seguinte encontro será o martes ou mércores da próxima semana. O rival sairá do enfrontamento entre Covirán Granada e Real Murcia. Dependendo do que ocorra mañá, en caso da vitoria dos andaluces, será o Granada o rival. Se gaña o equipo murciano, habería que disputar a un terceiro partido este sábado.