Reunión de presentación para os equipos da canteira laranxa

Moitos dos nosos equipos xa empezaron cos seus adestramentos e co inicio das competicións federadas ao virar a esquina desde o club queremos convocar aos pais e nais dos nosos xogadores de todos os equipos do club a unha reunión informativa.

Esta terá lugar este mércores ás 20:15 horas na Ágora. Debido aos temas a tratar pedímosvos, dentro das vosas posibilidades, a asistencia á mesma.

Nela daranse a coñecer normas de funcionamento do club segundo os diferentes grupos de idade, as instalacións empregadas por cada un dos nosos equipos e outros asuntos xerais de interese. Así mesmo, haberá unha quenda de preguntas.

Ademais, haberá unha sorpresa en dita cita coa presentación do tráiler do documental sobre o vixésimo aniversario do club,  que os alumnos de Comunicación Audiovisual realizaron sobre o Básquet Coruña.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.