Recta final para inscribirse na ?5k Leyma Coruña Abónache? deste domingo 12

A 5k Leyma Coruña Abónache, que coorganiza o club laranxa co Concello da Coruña e o cronometrador Championchipnote, afronta a súa recta final para formalizar a inscrición.

Á información xa publicada sobre o trazado privilexiado (Torre de Hércules- Millenium-Palacio dos Deportes de Riazor) , as vantaxes para o mil primeiros inscritos; entrada con acompañante para o partido de LEB OURO que enfrontará ao Leyma Coruña e ao Club Melilla Baloncesto o venres 17, e as vantaxes especiais para os socios, abonados e xogadores/as, hoxe, queremos presentar tamén a camiseta laranxa coa que todos os participantes contarán para a participación na carreira. Con ela queremos xerar unha gran marea laranxa que goce da actividade deportiva do running na mañá do domingo pola contorna única que nos ofrece a cidade da Coruña.

Animamos de novo a todos aqueles que aínda teñan dúbidas e aos que están a coñecer hoxe a iniciativa, a inscribirse e participar dunha nova xornada de deporte coruñés na rúa, así como a coñecer e compartir o sentimento laranxa que move a todos os deportistas e afeccionados que conforman o Club Leyma Básquet Coruña.

Se aínda non estás inscrito, aproveita a oportunidade para facelo entre hoxe e mañá e gozar desta carreira!

INSCRICIÓNS

MAIS INFORMACIÓN

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.