Punto e final ao primeiro tramo das actividades de semana santa Savills-Aguirre Newman

Chegou o mércores e con iso finalizou a primeira parte das actividades de semana santa Savills-Aguirre Newman que organiza o Club Básquet Coruña. O vindeiro luns desenvolverase o epílogo para todos aqueles participantes que elixisen o ciclo completo do campamento.

Para os inscritos no Campus LEB Ouro foi outro día de traballo intenso, que comezou como sempre co quecemento e traballo de velocidade, que deixou aos mozos e mozas preparados para a sesión de Iria Uxía Romarís, adestradora asistente do equipo LEB Ouro, que expuxo un traballo de técnica de tiro. Tras o merecido descanso para merendar, no que se aproveitou para facer a foto de familia encaramos a segunda parte do día. Foi o momento de Zach Monaghan, quen o aproveitou para mostrar os seus hablidades aos participantes. Tras un vídeo das súas mellores xogadas a base laranxa trasladounas á pista, onde cambios e finalizacións foron os protagonistas.

No Obradoiro de Iniciación recibiron tamén a visita do xogador de Illinois, quen asinou autógrafos e fíxose con eles a foto de grupo. Tamén foi o día dos obsequios aos mellores debuxos, para os que contamos coas mochilas regaladas por R e a camiseta oficial do Campus.

Finalizou a xornada co momento das despedidas, soamente un ata logo para todos aqueles que o luns volvan gozar do baloncesto e das actividades Savills- Aguirre Newman.