Perris Blackwell renova co Leyma Coruña

A Coruña, a 31 de xullo de 2020.

O Club Básquet Coruña SAD anuncia a renovación de Perris Blackwell (2.06m) como xogador do persoal do equipo LEB Ouro. O pivote, que xa formou parte do equipo na pasada tempada, continúa vinculado á entidade laranxa despois da gran tempada que desenvolveu ás ordes de Sergio García. Incorporouse á disciplina do Leyma procedente do Club Atlético Cordón, tras disputar as fases finais de ascenso a primeira división uruguaia. Ademais, conta cunha gran experiencia como xogador. Militou tres tempadas na NCAA I, na universidade de San Francisco, e no seu último ano universitario xogou na universidade de Washington, unha das mellores a nivel nacional.

En 2014 iniciou a súa carreira profesional na liga Nacional Chilena, co Club Osorno Basquetbol. Posteriormente, cruzou o charco cara a Europa, militando no Worcester Wolves de Inglaterra e no Andrezieux Boutheon Loire Sud Basket de Francia. Estas últimas tempadas disputounas no baloncesto suramericano, co Hispano Americano de Liga Nacional Arxentina e o Club Atlético Cordón de Uruguai

Blackwell é un xogador interior de 28 anos, cunha gran envergadura e de gran fortaleza física. Ademais, é bo reboteador e con bos movementos no poste baixo, polo que axudará ao equipo con esas características, tal e como demostrou durante esta tempada, tanto nos partidos en #OFornodeRiazor como os de fóra de casa.

O club quere desexarlle ao xogador moita sorte e éxito nesta segunda etapa no equipo. Estamos seguros de que o seu compromiso e experiencia permitirán ao club laranxa alcanzar novas cotas na LEB Ouro e gozar do seu xogo a todos os afeccionados en #OFornoDeRiazor.