Os números do noso rival: Força Lleida

O equipo ilerdense marcha nestes momentos con 8 vitorias e 11 derrotas
No posto de base contan con Sergio Llorente que xoga 25 minutos achegando 10,9 puntos e 2 rebotes, comparte o posto de base con Simeón que 17 minutos achega 3,5 puntos e 1,5 rebotes. A liña exterior encabézaa Álex Llorca, o xogador máis valorado do equipo, que xoga 26 minutos por partido anotando 11 puntos e 4,3 rebotes;  Sutina que en 12 minutos anota 3,6 puntos e captura 1,1 rebotes; Matulionis, un beirado alto que xoga 23 minutos achegando 8,7 puntos e 3,3 rebotes; Esben Reinholt, chegado fai 3 partidos e que está a se integrar aínda no equipo e xoga unha media de 15 minutos anotando 6,3 puntos e 2 rebotes. Por dentro contan co americano Terrel Vinson que en 20 minutos anota 9,8 puntos e 4 rebotes, Samuel Domínguez que xoga 13 minutos promediando 2,7 puntos e 2,4 rebotes; Alzamora, un xogador con moita experiencia que xoga 22 minutos de media achegando 5,7 puntos e 4,7 rebotes; e Arteaga, máximo reboteador do equipo que xoga unha media de 20 minutos de media con 5,2 rebotes e anota 9,3 puntos.
No partido da primeira volta, o Leyma Natura levou a vitoria por 11 puntos de diferenza (82-71).
O Força Lleida chegará ao partido tras dúas vitorias consecutivas, na última xornada fronte ao Barça “B” por 61 a 69, e contra a Unión Financeira Oviedo no último partido que disputaron como locais por 93 a 81.
O Lleida é o cuarto equipo en anotación da liga por detrás do líder Andorra, Burgos e Oviedo con 75 puntos de media por partido. Así mesmo, tamén son os cuartos na clasificación de porcentaxe de tiros de campo. En canto a balóns roubados ocupan a segunda posición só por detrás do Breogán con 8,9 balóns roubados de media por partido.