Os nosos xogadores Leb Ouro apadriñan os equipos e escolas de minibasket do Club

No Club Básquet Coruña queremos crecer cada día no sentimento de pertenza e de valores comúns entre todos os que formamos parte do mesmo. Con este obxectivo acabamos de pór en marcha o apadriñamento de equipos e escolas de minibasket do club por parte dos xogadores profesionais.

Entre os días 1 e 3 de marzo, un ou dous xogadores do equipo Leb Ouro visitarán os adestramentos do equipo ou escola para o que sexan designados como padriños e, ademais de presentarse e charlar cos nenos e nenas, entregaranlles os novos carnés de "Os Básquets", cos datos identificativos de cada mozo deportista do club laranxa.

O martes día 1, os xogadores do primeiro equipo visitarán aos equipos alevín feminino 04, benjamines 06, 07 e 08, e alevín masculino 04. O mércores día 2 será a quenda da escola de alevíns e benjamines, e finalmente o xoves día 3 desprazaranse aos entrenos de BabyBásket, alevín masculino 05 e alevín feminino 05. Todo iso se non existe algún cambio na planificación de adestramentos da semana.

Público moi especial nos partidos da base

Ademais, cada padriño asistirá como público moi especial a un partido do seu equipo ou a un encontro da súa escola, ao longo do que queda da presente tempada. Pola súa banda, os nenos e nenas do Club poderán ir en grupos a un adestramento de tecnificación do equipo Leb Ouro e charlarán e xogarán con eles uns minutos ao acabar o mesmo.

E, como broche final, os mozos deportistas recibirán unha visita de despedida durante unha das súas sesións de adestramentos... ata a próxima tempada!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.