Os nosos técnicos Carlos Penedo López e Iago Mariñas Marzoa, convocados para o All Star 2006

Dous dos técnicos da nosa canteira laranxa foron convocados para o All Star 2006 que se celebrará o vindeiro sábado día 13 no pavillón Santa Irene de Porto do Son.

Iago Mariñas Marzoa será o delegado da selección masculina de nados en 2006 e Carlos Penedo López o técnico axudante da selección das xogadoras do ano 2006.

Estes adestramentos teñen como obxectivo servir de seguimento da dinámica que realiza a área Deportiva nas distintas áreas xeográficas durante toda a tempada, coa meta de manter o control e seguimento das mesmas.

No caso da categoría masculina os adestramentos serán de de 10 a
12. horas e ás 16.30 horas disputarán un encontro e na categoría feminina serán de 12 a 14 horas e o seu encontro celebrarase ás 18.30 horas.

Desde o club Básquet Coruña felicitamos aos nosos dous técnicos pola convocatoria.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.