Os nosos '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa deste venres a favor de ASER

Este venres o noso programa solidario '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa será a favor de ASER (Axuda a Superar as Enfermidades Raras).

No intermedio entre o primeiro e segundo cuarto do partido ante o Club Baloncesto Melilla homenaxearemos a esta asociación, que realiza un servizo de recollida de tapóns para levar a cabo o seu labor de axuda e asesoramento.

No Palacio dos Deportes de Riazor haberá dispostos unha serie de puntos de recollida de tapóns. Desde o Leyma Coruña animamos a todos os seguidores que veñan presenciar o encontro ante o Melilla en #OFornodeRiazor a que traian os seus tapóns e contribúan coa causa solidaria.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.