Os infantís do Club Básquet Coruña xa contan cos mellores adestradores para a próxima campaña

O primeiro Infantil Feminino estará dirixido polo Adestrador Superior e Licenciado en Educación Física, Germán Lozano. O Arteixán volve ás súas orixes despois de exercer como axudante no Marín Peixegalego en LEB Prata e Leb Ouro as dúas últimas campañas respectivamente. Lozano será unha das novas incorporacións do club aínda que xa colaborou co Básquet Coruña participando nos nosos campus. O seu primeiro reto coas nenas do infantil será recuperar a praza na 1ª división a principios de setembro, aínda que este é un obxectivo menor pensando no traballo de formación e mellora continua necesario nestas idades.

A adestradora Edda Beltrán do 2º Cadete feminino asumirá tamén responsabilidades no segundo Infantil Feminino. A súa experiencia no club, o seu título de Adestradora Superior e o seu Doutoramento en Educación Física son a súa carta de presentación. Estará ao seu lado Laura Pozo, adestradora con título de iniciación. Ambas dirixirán ao 2º infantil na liga Local. O número de licenzas de nenas que queren practicar baloncesto no Club Leyma Coruña nestas idades non deixa de crecer e valorarase crear un terceiro equipo.

Héctor Méndez, un dos adestradores que máis anos acumula nas filas do club dando soporte á canteira, será o responsable de dirixir ao Infantil Masculino de 1ª división. A súa mocidade e as súas ganas por seguir formándose ao máis alto nivel, acaba de conseguir o título de Adestrador Superior, fan de Héctor o técnico elixido para dirixir por segundo ano consecutivo á xeración de 2004 á que adestrou o ano pasado na liga preinfantil. Por diante, o reto sempre atractivo da 1ª División FGB.

O Preinfantil Masculino de Liga FGB estará dirixido por outro adestrador superior curtido en mil batallas. Roberto Rivera colaborou como adestrador principal e axudante na maior parte dos proxectos ferroláns de nivel no últimos quince anos, incluíndo Liga LEB E EBA. A xeración do 2005 estará baixo o mando dun técnico que coñece como poucos a formación de mozos xogadores.

Un técnico que se incorporou a campaña pasada ao club pero que xa demostrou as súas ganas e a súa implicación será o responsable de dirixir ao 3º Infantil Masculino en Liga Local: Roberto Fernández, estuda Ciencias da Actividade Física e o Deporte na actualidade, e iniciou tamén os estudos específicos en baloncesto co título de iniciación, pondo as súas miras en seguir evolucionando na súa formación.

Do mesmo xeito que no caso das nenas, se o número de nenos que queren practicar baloncesto nas filas do club segue crecendo, é posible que se cre un 4º equipo infantil masculino.

A canteira segue crecendo, tanto en número de nenos e nenas que queren gozar do deporte como na calidade e formación dos nosos adestradores. Mozos que coñecen o club desde hai anos ou que se unen a el porque os move o mesmo que a nós; o baloncesto.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.