Os de Tito Díaz enfróntanse ao Café Candeas Breogán mañá en Ribadeo

O Leyma Coruña viaxa mañá xoves a Ribadeo para enfrontarse contra o Café Candeas Breogán no que será o seu cuarto duelo da fase previa da Copa Galicia. Faino dous días antes de disputar a semifinal deste sábado en Noia, á que xa está clasificada tras gañar o tres partidos de liguiña xogados ata o momento, contra o Marín Peixegalego, o Ourense Provincia Termal e o Xuven Cambados.

Os de Tito Díaz chegan á disputa de mañá ás 20:00 horas no novo pavillón municipal ribadense como o único equipo invicto do torneo autonómico na presente fase, que finaliza con este choque entre laranxas e celestes.

O sábado no pavillón municipal de Noia, o conxunto herculino volverá medirse ás 20:30 contra o Ourense Provincia Termal, que onte gañou na súa casa ao Breo nun intenso partido saldado cun 69-66. Esa noite de sábado saberase o rival do Río Natura Monbus Obradoiro para o definitivo partido do día seguinte, domingo, na mesma pista e en horario que finalmente quedou marcado para as 19:30 horas.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.