Oito xogadores alevíns do club, seleccionados para un CETI zonal

A canteira laranxa do Básquet Coruña terá unha nova oportunidade de seguir formándose este fin de semana. Un total de oito xogadores alevíns do club poderán seguir mellorando nas súas destrezas xunto a outros deportistas de diferentes clubs da provincia no Programa de Detección e Control (PDC, antigo CETI) pechado da xogadores e xogadoras nacidos no ano 2006, segundo ano de alevín.

Esta concentración celebrarase o domingo 17 no Agra 2 (Manuel Murguía s/n) no seguinte horario: de 16.30 a 18.00 horas en categoría feminina e de 18.15 a 19.45, no caso do grupo masculino.

Os xogadores laranxas seleccionados son: Carolina Gómez Igrexas, Eugenia Sánchez Castelo, Helena Allende Muñoz, Olivia Pato Souto, Usúe Valencia Yiribarren, Román Pérez Domínguez, Aarón Souto Sante e Víctor Martín García.

Moitas felicidades a todos e desexámosvos que gocedes da experiencia!