Oferta de 2x1 de entradas para o duelo ante o Barça Lassa deste venres

O Leyma Coruña disputará este venres ás 20.45 horas en #OFornodeRiazor un importante partido ante o Barça Lassa, ao que avantaxa nunha vitoria.

De face a este partido o equipo necesita todo o apoio da afección polo que o club lanza unha oferta de 2x1 en entradas para todo o público xeral, podendo adquirir dous polo prezo dunha.

Gustavo Aranzana e o seu equipo necesitan toda a calor da bancada ante un encontro crave da tempada. Ademais, ao encontro do venres acudirá unha representación do CRAT feminino, flamante gañador do título ligueiro. Ao equipo daráselle unha homenaxe no descanso do encontro pola súa vitoria no torneo da regularidade, tras unha gran tempada.

Desde o club pedímosvos que este venres acudades a animar ao noso Leyma Coruña para lograr a undécima vitoria da campaña.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.