O XIX Campus Mileniun abre o seu prazo de inscrición

Un ano máis, o Club Básquet Coruña celebrará o seu Campus Mileniun, unha actividade que leva celebrando durante os últimos 19 anos nestas datas.

Esta edición desenvolverase nas instalacións do antigo ?Maxisterio? e na Polideportiva de Riazor, durante os días 23, 25, 26, 27 e 30 de Xuño e 1,2, 3, e 4 de Xullo.

Esta actividade vai dirixida a niñ@s de entre 5 e 16 anos que queiran iniciarse e perfeccionar o seu nivel de baloncesto, ademais de gozar dunha chea de actividades alternativas que ofrecemos durante o día.

O Campus comeza ás 9:30 da mañá e termina ás 18:30 horas. O día está organizado en 4 grandes bloques; 2 pola mañá e outros 2 pola tarde. Pola mañá un bloque está dedicado a un adestramento técnico de baloncesto, e outro a unha actividade de tempo libre; mentres que pola tarde, tras a comida, será quenda das competicións máis outra actividade alternativa. Ademais durante estas dúas semanas haberá días especiais dedicados a visitar algún lugar distinto para probar algunha outra actividade distinta e romper coa monotonía dos adestramentos diarios.

Un campus pensado para todos os niñ@s independentemente do nivel de baloncesto xa que haberá grupos de traballo para adaptarse a distintos niveis.

Podes inscribirche nas oficinas do Club Básquet Coruña enchendo o boletín de inscrición e facendo entrega do xustificante bancario (tamén podes pagar en efectivo) xunto coa fotocopia do cartón sanitario do participante. Tamén podes inscribirche de forma online facendo click aquí enchendo o boletín de inscrición e enviándonos o xustificante de pago xunto coa fotocopia do cartón sanitario por mail a: actividades@basquetcoruna.com 

O prezo da actividade é de: 

 130 euros máis 55 euros de comida e merenda para xogadores do Club Básquet Coruña, Colexios, Clubs vinculados e comunidade UDC

150 euros máis 55 de euros de comida e merenda para o resto de participantes.

Ademais se fas a inscrición antes do 1 de xuño terás un desconto do 5% sobre a matrícula e outro 10% de desconto en caso de inscricións dun 2º irmán.

Así mesmo, unha vez aplicados os descontos os prezos serían os seguintes:

 ANTES DO 01/06/2014 (5% de desconto en matrícula)

Participantes con prezo especial*: 178.50 ? (123.5?  matrícula + 55? comida) 

Participantes 2º irmán con prezo especial*: 166.15? (111.15? + 55? comida)

Outros Participantes: 197.50? (142.50? matrícula + 55? comida)

2º irmán doutros Participantes 183.25? (128.25? + 55? comida)

DESPOIS DO 01/06/2014

Participantes con prezo especial*: 185? (130? matrícula + 55? comida)

Participantes 2º irmán con prezo especial*: 172? (117? matrícula + 55? comida)

Outros Participantes 205? (150? matrícula + 55? comida)

2º irmán doutros Participantes: 190? (135? matrícula + 55? comida)

*Para xogadores do Club Básquet Coruña, Colexios, Clubs vinculados, comunidade UDC e entidades colaboradoras.

Tamén se o desexas, pomos á vosa disposición dun servizo de autobús para poder chegar ata o Campus a ruta do Bus concretarase en función das vosas necesidades para iso na inscrición debedes reflectir a parada de Bus máis conveniente para vós. O prezo do servizo de Bus será de 50 euros.

Club Básquet Coruña

Cale Arquitecto Rei Pedreira 3 baixo

Horario de oficina de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

Goza do Campus 

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.