Un ano máis, e este ano baixo o patrocinio de Abanca e Iberostar, o Básquet Coruña organiza un torneo que é xa unha cita ineludible para o minibásquet.
A competición celebrarase os próximos días 3 e 4 de xaneiro nas instalacións municipais das polideportivas de Riazor e na antiga escola de Maxisterio, con 8 masculinos e 8 femininos, en 2 grupos de 4 equipos cada categoría nun formato de 5x5
A primeira fase está composta dunha liguiña de 3 partidos e unha segunda fase onde se cruzarán cos do outro grupo en función da clasificación do grupo asignado, xogando a final o primeiro de cada grupo.
O día 4 ás 12:30 na polideportiva de Riazor 2 terá lugar a foto de familia na que estarán os máis de 230 participantes
Para acceder ao calendario completo do Torneo, facer click aquí.
Tamén podedes descargarvos a normativa do torneo aquí.