O traballo de COGAMI, a causa social da partido LEB Ouro desta tarde en Riazor

COGAMI, a entidade máis representativa en Galicia das persoas con discapacidade física e orgánica, será a causa solidaria protagonista do derbi que esta tarde disputa o Leyma Básquet Coruña contra o Ourense Provincial termal, na xornada 18 da liga LEB Ouro.

No seu vídeo do recente 25 aniversario de COGAMI, esta mostra o seu traballo cos miles de usuarios, e as súas familias, que ao longo de todos estes anos beneficiáronse do labor de COGAMI destinada a lograr que cada persoa adquira as capacidades necesarias para alcanzar o seu proxecto de vida.

A colaboración do Club laranxa na sensibilización social sobre o traballo de COGAMI enmárcase no programa ?15 Partidos, 15 Causas?, que o Club Leyma Básquet Coruña desenvolve co patrocinio da Obra Social ?a Caixa?.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.