O Pequebásquet Leyma Natura 2014 abre o seu prazo de inscrición

O 14,15 e 16 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. O Club Básquet Coruña organiza o tradicional Campus de Semana Santa, este ano chamado, ?Pequebásquet Leyma Natura 2014?.
A actividade estará organizada por estacións de traballo, na que se intercalarán actividades de tempo libre para pasar unha mañá moi divertida gozando da práctica deportiva.
A actividade desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 na Polideportiva de Riazor e no Pavillón do Ventorrillo.
Podes inscribirche nas oficinas do Club  Básquet Coruña, ou ben, online aquí. Unha vez cumprimentado o formulario debes facer chegar ao Club a fotocopia do cartón sanitario xunto co resgardo do pago da actividade.