O Pequebásquet iníciase mañá con preto de 300 participantes

O Pequebásquet é unha actividade dirixida a niñ@s de entre 5 e 12 anos que desexan iniciarse e mellorar o seu nivel de baloncesto. A actividade desenvolverase entre o luns, martes e mércores en horario de 9 da mañá  ás 14 horas.
O evento desenvolverase nesta edición en 8 instalacións simultaneamente que darán cabida á edición máis numerosa do Pequebásquet con ao redor de 300 participantes.