O partido do próximo venres irá dedicado á ONG: Miradas ao Mundo

Dentro do proxecto “13 partidos…13 causas” o partido do próximo venres irá dedicado á ONG Miradas ao Mundo coa que colaboraremos na obtención de recursos para a construción dun Pozo de auga en Guinea Bissau, concretamente na alde de Cafia.
Durante o partido, venderanse rifas para o sorteo dunha camiseta do primeiro equipo do Leyma Natura asinada por todos os xogadores, todo o recadado irá destinado ao financiamento da construción do Pozo que facilite a vida a todos os habitantes de de Cafia.
Miradas ao Mundo é unha ong con sede en Coruña que leva 10 anos traballando en Guinea Bissau realizando proxectos de desenvolvemento comunitario, impulsando a educación , mellora da saúde e acceso á alimentación. Para iso constrúe escolas, xardíns de infancia, talleres de costura, hortas, postos e saúde e como non POZOS,  algo tan imprescindible e básico e dos que carecen en moitas poboacións de Guinea.
Miradas ao Mundo realiza desde hai xa 4 anos campañas de sensibilización en varios colexios públicos da Coruña e provincia. A  actividade de sensibilzación e achegamento da realidade dos nenos de alí aos nenos da nosa escola, acompáñase dunha actividade na que os propios nenos conseguen fondos para axudar aos seus amigos de Guinea. Con estas actividades construíronse xa o pozo do colexio Wensceslao, o Pozo do  colexio Ramón da Sagra, unha escola...e agora queremos construír o “Pozo Básquet Coruña”
¡¡AXÚDANOS A CONSEGUILO!!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.