O Leyma xogará o xoves un amigable contra o COB

O vindeiro xoves ás 20.15 horas o Leyma Básquet Coruña e o Ourense Termal, xogaranse un partido amigable en Carballo aproveitando que este fin de semana non hai competición na Adecco Leb Ouro por estar reservada a data para a disputa de Cópaa Príncipe.

Este partido servirá para que ambos os equipos afinen o seu estado de forma de face á  parte final do campionato e poder manter o ritmo de competición.

O Ourense Termal , que ocupa nestes momentos a primeira posición no campionato con 12 vitorias e 6 derrotas, será unha pedra de toque para o Leyma.