O partido do sábado, en Lugo, será, sen ningunha dúbida, un dos partidos máis difíciles do ano, o Leyma enfrontarase ao líder e na súa casa. O Ribeira Sacra Breogán chega ao partido invicto, tras derrotar a Huesca, Oviedo, Burgos e Navarra.
O persoal do Breogán, do mesmo xeito que a do Leyma, experimentou moitos cambios con respecto á tempada pasada. No posto de base incorporaron a un clásico da competición, Dani López, quen xa xogara en Lugo nunha etapa anterior. Acompáñao Chapela, un mozo que segue fogueándose e que esta tempada goza de moitos máis minutos e protagonismo no xogo. No xogo exterior destacan tanto Álex Llorca como Osvaldas Matulionis, ambos os xogadores chegaron esta tempada a Lugo desde Lleida e os dous empezaron a tempada nun gran momento de forma. O lituano Tamulis e Álex López completan o xogo exterior do equipo. No xogo interior non conservan ningún xogador ano pasado, para este posto ficharon xogadores moi versátiles e móbiles, nestes momentos está lesionado Kevin Van Wijk que esta tempada chegou ao Lugo tras realizar unha grandísima tempada en Oviedo, para substituír a Van Wijk contan con Mortellaro, un pivot que ten unha longa traxectoria en España. Neste posto, destaca ademais Mamadou Samb quen reapareceu a semana pasada despois dunha lesión e que chegou esta tempada a Lugo procedente de Bilbao da liga ACB. Brandon Edwards un americano que sobresae pola súa mobilidade e a súa polivalencia; e Lawson quen chega a Lugo tras destacar en Israel completan un equipo que aspira a todo.
Pola súa banda o Leyma, segue preparando este partido sen contratempos importantes, e os xogadores con algunha molestia, recupéranse con normalidade.
O partido terá lugar ás 19.15 horas e os prezos das entradas para o partido serán os seguintes:
15? para senior
10? para universitarios e maiores de 65 anos
5? para menores de 18 anos.