O Leyma xa prepara a partida fronte ao Lleida

Tras a disputa do último de pretemporada o pasado sábado fronte ao Oviedo, o equipo volveu o luns aos adestramentos para preparar a partida fronte ao Lleida.

A Adecco Leb Ouro dará o vindeiro venres ás 21 horas o pistoletazo de saída dunha tempada, que o Leyma encara con ilusión e cun persoal renovado. A base esloveno Danijel Vujasinovic, o tirador Khalid Mutakabbir, as novas promesas do baloncesto nacional Albert Homs e Larry Abia, a á pivot serbio Petrovic e as dúas “torres” Kyle Rowley e Laszlo Dobos; son as novidades que se unen a Anxo Hernández e Jesús Castro.

Esta semana o equipo adestrou en dobre sesión tanto o luns como o martes, o mércores farao en horario vespertino e o xoves pola mañá. Á espera do que poida suceder nas dúas últimas sesións preparatorias, Perico Diaz poderá contar con todos os xogadores para este partido.