O Leyma visitará a Anhida a próxima semana

Anhida é un grupo de pais e nais de niñ@s afectados por TDAH (Transtorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade) que traballan  conxuntamente por un desenvolvemento digno e completo dos niñ@s afectados, contemplando a atención á diversidade como labor prioritario.

Esta asociación, dentro das súas actividades educativas, fan uso do baloncesto e defenden o uso do deporte como ferramenta de desenvolvemento da cohesión grupal e o sentimento de pertenza a un grupo.

O Leyma Básquet Coruña desexa mostrar o seu apoio ao traballo desenvolvido por esta asociación dedicándolles o partido da próxima semana e visitando a súa sede o vindeiro mércores.