O leyma visita o Colexio Artai de Carballo

Dentro do programa “Colexios con Gancho” no que se promociona o baloncesto e o Club na Coruña e a súa área metropolitana, 3 xogadores do Leyma Básquet Coruña, visitaron hoxe aos estudantes do colexio Artai de Carballo.

Esta visita, é previa ao partido que mañá xoves, ás 20.15 horas, o Leyma disputa fronte ao COB no Pavillón Vila de Noia de Carballo..  

Durante a visita, os estudantes do Colexio puideron preguntar as súas inquietudes aos xogadores sobre o baloncesto, fotografarse, pedir autógrafos. Pola súa banda, o Colexio Artai ofreceu aos xogadores a oportunidade de asinar no Libro de Honra do Colexio.

Para ver galería de imaxes, facer click aquí.  

Desde o Club Básquet Coruña, queremos agradecer a hospitalidade e o agarimo que recibimos tanto, do persoal docente do Colexio Artai, como dos seus alumnos. Moitas grazas por todo e ata pronto.