O Leyma vence ao Oviedo no último partido de pretemporada (88-76)

O partido resultou tremendamente igualado no marcador durante os 3 primeiros cuartos nos que o equipo ovetense levou a iniciativa no marcador grazas á súa enorme presión a toda pista, que provocou moitas perdas de balón no noso equipo e posibilitaba numerosas accións de contraataque para o equipo rival. Con todo, o Leyma en ningún momento foise do partido, e cada vantaxe superior aos 5 puntos por parte do Oviedo, rapidamente era contestada o noso equipo cun parcial para reequilibrar novamente o marcador.

Ao descanso, chegábase cun 38 a 37 no marcador favorable ao Leyma e deixaba todo por decidir para a segunda metade.

Tras o paso polos vestiarios, parecía que o partido rompería a favor dos ovetenses xa que o Leyma tardou 4´ en anotar a súa primeira canastra, e os problemas dos laranxas para superar a presión exposta polos ovetenses persistía, mentres a vantaxe no marcador alcanzaba os 9 puntos para Oviedo. A partir de aí, o equipo aos poucos conseguiu reporse e expuxo os seus mellores armas. Varias canastras desde o poste baixo lograban reaxustar o electrónico ao termo deste cuarto, colocando a desvantaxe para os nosos en 4 puntos. (54-58)

No último cuarto puidéronse ver os mellores minutos da pretemporada do Leyma, aos 3´de comezar o cuarto igualaron o partido, e tomaron a iniciativa non só no marcador, senón tamén no xogo, subiron un banzo máis o nivel defensivo e lograron varias recuperacións de balón, o que permitiron anotar varias canastras de contraataque.

 O partido terminou con 88 a 76 no marcador e boas sensacións de face ao primeiro partido de liga o vindeiro venres no Palacio dos Deportes fronte a Lleida.

LEYMA NATURA BÁSQUET CORUÑA (88): Hernández A. (6), Petrovic A. (9), Dobos L. (9), Homs A. (6), Castro J (20) -quinteto inicial- Vujasinovic (1), Abia L. (10), Mutakabbir K. (12), Rei R. (2), Rowley K. (5), Escobar M. (-).

UNIÓN FINANCEIRA BALONCESTO OVIEDO (76): Muñoz A. (9), Bassas F. (6), Lasa L. (4), Schreiber A. (9), García J. (22) -quinteto inicial- Creus J. (5), Prieto A. (5), Pérez V. (9), Levesque B. (7), Velasco A. (-). 

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.