O Leyma retoma os adestramentos

O equipo volveu esta mañá aos adestramentos tras a derrota do pasado domingo fronte ao COB Ourense coa vista posta no compromiso do próximo sábado en Mallorca. Esta tarde volverá adestrarse no Palacio dos Deportes.

O rival desta semana é a Palma Air europa, un equipo novo na categoría que ata o momento leva 4 vitorias e 4 derrotas. Ademais neste equipo milita o ex Leyma, o coruñés Mario Cabanas.

O partido disputarase o sábado ás 20.30.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.