O Leyma prepara o partido contra as cociñas.com

Tras as dúas últimas derrotas, fronte a Oviedo e Planasa, o equipo volveu no día de onte aos adestramentos coa mente posta no próximo partido. Un encontro que suporá o reencontro da afección coruñesa con Antonio Pérez, o adestrador que máis anos dirixiu ao primeiro equipo e que o viu crecer desde a liga Eba ata a Leb Ouro nas 7 tempadas que estivo á fronte.

Para este partido, Perico Diaz poderá volver contar con Laszlo Dobos, que a mañá anterior ao partido de Navarra sufrira unha indisposición que lle impediu a estar a disposición do adestrador.

Esta será unha semana curta de adestramento, ao adiantarse o partido ao xoves. O equipo adestrou en dobre sesión o luns, para hoxe martes e mañá mércores facelo unicamente pola tarde.

O partido será este xoves ás 19.30 no Palacio dos Deportes de Riazor.