O Leyma Natura xa chegou a Logroño!

O Leyma Natura adestrouse esta mañá no escenario do partido e xa está a esperar o partido de hoxe ás 21 horas no Palacio dos Deportes da Rioxa.

O equipo contará coa baixa de Jesús Castro quen non se puido repor da lesión muscular sufrida na partida fronte ás Penas Huesca a semana pasada, con todo, Perico Diaz poderá contar con Samuel Haanpää. A baixa de Jesús Castro será cuberta por Gerardo Dorda quen gozará da súa primeira convocatoria no primeiro equipo fóra da Coruña.

Enfrontarase o Leyma a un equipo con moitísimo talento ofensivo e moita riqueza táctica, con moitos xogadores capaces de xerar xogo en situacións dun contra un e tras bloqueos directos e indirectos.

O partido disputarase ás 21 horas e poderá ser seguido por feb tv e Radiovoz.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.