O Leyma Natura visita o CEIP Arteixo

Na mañá de hoxe, tras o adestramento, o tres xogadores desprazáronse ao citado colexio para pasar a mañá en compañía dos estudantes, durante a visita deron a coñecer un pouco máis este deporte entre todos os estudantes e participaron nunha serie de partidillos organizados polos profesores do colexio.
Ao termo da visita, os xogadores repartiron entradas a todos os estudantes para o próximo partido en casa fronte aos Queixos Cerrato de Palencia. Eles serán os nosos invitados para esa xornada.
O Club desexa agradecer  á dirección e ao persoal docente do centro a gran recepción e organización da que gozaron os nosos xogadores. Moitas grazas e vémonos o venres no partido.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.