O Leyma Natura vence en Lleida cunha moi boa segunda parte

O de Lleida era un partido difícil, fronte a un rival incómodo que xoga cun ritmo moi alto e imprime moita intensidade ao seu defensa, pero o Leyma saltou á pista sen ser consciente disto e non lograba atoparse no campo, o Lleida mostrábase superior en todas as facetas durante toda a primeira parte, rebote ofensivo, defensivo, recuperacións, asistencias…
O partido comezou cun intercambio de canastras e a un ritmo que o Leyma non atopaba, o que permitiría aos poucos minutos aos locais obter as primeiras vantaxes no marcador e finalizar o primeiro cuarto con 7 puntos de diferenza (20-13).
No segundo parcial non cambiou demasiado, o equipo local seguía aos seu e o Leyma Natura unicamente reaccionaba a chispazos “” e achegábase por momentos a 4 no marcador,  pero rapidamente o Lleida reaccionaba e recuperaba a vantaxe perdida chegándose ao descanso con 11 puntos de diferenza a favor dos locais. (41-30)
O paso polos vestiarios sentou incriblemente ben aos nosos e tras un triplo de Llorente que puña o marcador 44-30 o Leyma reaccionou  e comezou a mostrar a súa mellor cara, as bases presionaban a toda pista aos seus rivais e a defensa atrás subía a intensidade de forma exponencial o que permitía ao equipo recuperar balóns, correr e anotar canastras de contraataque, o que á súa vez contaxiaba ao resto de aspectos do xogo do equipo. As distancias no marcador ían minguando ata igualarse ao termo do terceiro cuarto (58-58).
O último cuarto non cambiou nada en relación ao terceiro, o Leyma seguía mantendo un nivel defensivo alto e a isto sumábaselle un acerto no tiro exterior do que non gozara na primeira parte. Ao comezo do cuarto púxose por primeira vez por diante no marcador e foi incrementando esta vantaxe paulatinamente ata lograr unha máxima diferenza de 18 puntos. Nos instantes finais os locais apertaron e xunto con algunhas imprecisións do Leyma lograron apertar un pouco o marcador ata o 76 84 final.
O Leyma Natura logra así a 12ª vitoria da tempada e devólveo á cuarta posición na clasificación da Adecco Leb Ouro.
A próxima semana recibiremos a vista do Clínicas Recuncho Axarquía, equipo filial do Unicaja de Málaga, o partido disputarase en horario habitual, venres ás 21 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.
Força Lleida 76 (20+21+17+18) : Llorca (12), Matulionis (13), Arteaga (12), Vinson (11), Llorente (12) –cinco inicial- Simeón (3), Sutina (2), Alzamora (2), Domínguez (5), Reinholt (4).
Leyma Natura Básquet Coruña 84 (13+17+28+26): Amoke (4), Ferreiro (6), Haanpää (14), Cain (17), Castro (13) –cinco inicial- Cabanas (9), Hernández (2), Ogirri (0), Lucas (17), Noguerol (0), González (2).
Estatísticas do partido:
http://competiciones.feb.es/estadisticas/partido.aspx?p=1199278