O Leyma Natura disputará hoxe un amigable en Cambados

Aproveitando que esta semana non hai competición, é momento de adestrar e puír pequenos defectos no xogo, tras estar toda a semana adestrando, o equipo xogará hoxe un partido de adestramento tras o cal gozarán de tres días de descanso ata o vindeiro luns.
O encontro xogarase no Pavillón de Ou Pombal a partir das 20:15 e terá un carácter amigable, cada cuarto porase o marcador a cero para que o marcador non poida influír a ningún dos dous equipos á hora de pór en práctica todo o adestrado durante esta semana.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.