A xornada 21 será moi importante para o Leyma Natura por enfrontarse a un equipo que nos precede nestes momentos na clasificación, “un partido que nos dá oportunidade de loitar por estar entre os 5 primeiros” sinala Perico Diaz.
Oviedo está a destacar ata o momento polo seu gran acerto de face ao aro, unha característica que lles permite ser o segundo equipo máis anotador da liga, e un dos que máis tiros de tres anotan. Anotan unha media de 83,3 puntos por partido xogando como local.
O equipo ovetense mostra un xogo moi dinámico en ataque, posesións curtas normalmente, e posúen unha gran variedade táctica. Ademais na súa cancha contan cun público entregado, un pavillón moi pequeno, e a presión e ambiente é moi forte
O persoal de Oviedo mantén o bloque da tempada pasada á que se uniron xogadores que mostraron un gran rendemento nesta competición, son un equipo que xoga un moi bo baloncesto.
O adestrador, na rolda de prensa previa, mostrouse esperanzado de face ao partido polo “nivel de adestramento que está a mostrar o equipo durante as últimas semanas”. A vitoria sería un premio ao bo traballo realizado polo persoal durante a semana.
Perico Diaz terá a todos os xogadores dispoñibles para o partido tras o susto dado no adestramento de onte por Amoke que recibiu un golpe fortuíto na cella que necesitou puntos de sutura.
O partido disputarase no Pavillón de Pumarín o vindeiro venres ás 21 horas e poderá ser seguido por Radiovoz e Teledeporte.