O Leyma leva o derby nun final de infarto (67-69)

O partido destacou pola igualdade no marcador dos 40 minutos no que ningún dos dous equipos supero os 8 puntos de vantaxe en ningún momento.

O encontro comezou cos dous equipos moi intensos en defensa, e con imprecisións en ataque, o que restaba fluidez ao xogo de ambos os conxuntos. O marcador ao termo do primeiro cuarto reflectía un empate a 13 puntos.

No segundo período, o Leyma comezou a ter problemas para controlar o rebote defensivo, o que outorgaba aos locais segundas opcións en ataque e unha anotación máis fluída que a dos nosos, o que outorgaba a iniciativa no marcador ao Breogán. Con 34 a 30 a favor dos locais chegábase ao descanso.

O paso polos vestiarios sentou mellor aos locais que se mostraron moi acertados, mentres que o Leyma encadeaba numerosas perdas de balón que acababan en contraataques e canastras ?fáciles? do Breogán alcanzando unha vantaxe de 8 puntos para os lucenses.  Tras uns minutos iniciais de desconcerto o Leyma volveu coller o tino ao partido e recuperou a fluidez en ataque, achegándose novamente no marcador e finalizar o cuarto cun único punto de desvantaxe (47-46).

No último período, ambos os equipos tentaron mostrar o mellor deles mesmos, a iniciativa no marcador foi durante case todo o tempo para o Breogán a excepción do último minuto do partido, no que o Leyma mostrouse máis acertado de face ao aro rival e obtiveron a terceira vitoria da tempada e a primeira a domicilio.

A próxima xornada o Leyma descansará e non disputará ningún partido, e volverá á competición o mércores 12 tamén como visitante en casa do Clínicas Recuncho en Málaga.

RIBEIRA SACRA BREOGÁN 67: Dani López (2), Llorca (14), Matulionis (7), Edwards (4) e Samb (8) -quinteto inicial-. Mortellaro (5), Chapela (5), Lawson (14), Álex López e Tamulis (8).

LEYMA BÁSQUET CORUÑA 69: Hernández (6), Castro (15), Abia, Burjanadze (7) e Rowley (11) -quinteto inicial-. Dobos (6), Vujasinovic (13), Homs (5), Petrovic (3) e Mutakabbir (3).

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.