O Leyma empeza o novo ano na pista

O calendario de competición non dá tregua e o equipo volverase a adestrar esta tarde para preparar o partido do próximo domingo en Lleida. Tras a xornada de descanso do luns, o Leyma volveu a adestrar o martes en dobre sesión, onte fíxoo unicamente de mañá e hoxe farao novamente pola tarde.

Doutra banda, as probas médicas realizadas a Petrovic, descartaron que sufra ningunha lesión importante e o xogador volverá adestrarse co grupo nos próximos días. 

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.