O Leyma Coruña queda a un punto ante o Sammic

O Leyma Coruña non puido comezar a tempada 2017-18 cunha vitoria e quedou ás portas tras perder de forma axustada co debutante da categoría Sammic Hostalaría (72-71).

O conxunto de Gustavo Aranzana comezou mandando no encontro, pero nun segundo cuarto no que só anotou 11 puntos, os coruñeses tiveron que traballar para rebaixar as diferenzas no luminoso (37-32).

A reacción laranxa chegou no terceiro acto (54-52), pero nun final de encontro apertado os vascos terminaron por levar a vitoria e sumar o seu primeiro triunfo nesta Leb Ouro.

O equipo coruñés debutará no Palacio dos Deportes de Riazor o venres día 6 ás 21.00 ante Araberri

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.