O Leyma Coruña queda a un paso da remontada ante o CB Prat (76-66)

O Leyma Coruña quedou a un paso de remontar ante o CB Prat, nun encontro moi condicionado polo primeiro cuarto. O equipo non entrou ben ao partido, véndose rapidamente cunha diferenza de 10 puntos, con tiros que non entran e provocan contraataques locais que lles permiten entrar rápido no encontro. A partir de aí, o Leyma Coruña foi ao contraxeito toda a contenda.

Tanto no primeiro cuarto como no segundo, os coruñeses víronse por detrás no marcador e aínda que o equipo tentou pór solucións con cambios en defensa e diferentes alternativas, tentando buscar volver engancharse, non foi capaz na primeira parte.

O paso por vestiarios arroxa unha desvantaxe dunha vintena de puntos e desde o corpo técnico trátase de buscar solucións para volver crer e engancharse ao Leyma ao duelo. A saída do terceiro cuarto o equipo laranxa entra mellor, máis duro, rebotea mellor e córtase a sangría de puntos. A partir do acto definitivo o equipo é outro, mellora, saca a súa mellor cara e rendemento e consegue a falta de catro minutos porse a dez puntos, que non foi suficiente polo lastre da primeira parte.

Aínda así, foi capaz de darlle a volta a unha situación complicada e que nunca sufrira este ano. As baixas condicionan moito, Miso primeiro partido, Quinton dúas semanas sen poder adestrar e a el cústalle entrar no partido porque non se exercitou. Ademais, o Leyma Coruña segue botando de menos a figura de Zach Monaghan e a baixa de Carlos Martínez, ademais da de Larry Abia.

O Leyma Coruña conxúrase xa para adestrar forte o luns e quitarse esa sensación tras a derrota e seguirá traballando pois ten potencial para facelo mellor, como xa o fixo ben noutros partidos. O equipo, a pesar de non estar ben, tivo momentos de bo xogo e de nivel alto e hai que tratar de recuperar eses momentos e sensacións.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.