O Leyma Coruña logrou a cuarta vitoria seguida ante o Iberostar Palma (90-97)

O Leyma Coruña logrou o seu cuarto triunfo consecutivo e sétimo do curso ante un combativo Iberostar Palma (90-97) nun duelo no que as altas porcentaxes no tiro de tres deron ás aos laranxas (16/24).

Comezaban mandando no marcador os de Xavier Xastre (16-10) pero os coruñeses, cun parcial de 3-14, púñanse por diante (19-24), grazas á boa man de xogadores inspirados no día de onte como Sergio Olmos, Jesse Chuku ou Trevor Cooney. Finalizaba o primeiro acto sete arriba para os laranxas (22-29)

O alto ritmo anotador seguía no segundo cuarto, con diferenzas para o Leyma Coruña co seu rival por encima do dez puntos (38-51). Os herculinos, co partido controlado nese momento, íanse ao descanso cunha pequena renda (48-58).

Sentáballe mal o paso por vestiarios aos coruñeses, que vían como, comandados entre outros polo exnaranja Zyle, os baleares púñanse a dous puntos (63-65). Rafa Hortas empataba a contenda (68-68) e Gustavo Aranzana pedía tempo morto a tres minutos para o final do terceiro cuarto para pór orde no seu equipo. Os laranxas repúñanse e íanse por diante ao acto definitivo (71-75).

Con todo por decidir no acto definitivo, ambos os equipos repartíanse os golpes a base de triplos e transicións moi rápidas. Nese xogo de ida e volta atopábase mellor o Leyma Coruña, que conseguía axustar mellor a defensa, dominar o rebote ofensivo e ser capaz de dar golpes no momento xusto, como un terceiro tiro de tres de Trevor Cooney nos últimos minutos.

O próximo compromiso dos laranxas será o venres día 22 ás 20.00 horas ante Levitec Huesca. Esperámosvos!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.