O Leyma Coruña incorpora a Mirza Bulic como primeira peza do seu xogo interior

O Club Básquet Coruña anuncia a incorporación do xogador Mirza Bulic, nacido en Eslovenia pero de nacionalidade bosníaca, con quen foi internacional nas súas seleccións de formación.

Para Bulic esta será a súa cuarta tempada consecutiva en España, onde chegou na tempada 2015/2016 para recalar na Leb Prata da man do Sáenz Horeca Araberri. Na seguinte campaña, e xa coa liga iniciada, é as Penas de Huesca quen se fixa nel, e incorpórao en novembro ata final de tempada. Culmina o seu terceiro curso en ligas feb da man do equipo Sammic Hostalaría Azpeitia, onde foi o seu mellor xogador en anotación, valoración e rebote.

Estamos ante un xogador que dá as súas mellores prestacións na posición de catro, aínda que ten a polivalencia como principal virtude, con capacidade para xogar de face e de costas. O seu tiro de tres puntos, cunha efectividade do 35% a última campaña, convértelle en ameaza exterior, que aproveita para xogar bos uns contra uns contra xogadores da súa estatura, 207 centímetros, pero máis lentos. Outra das súas principais cualidades é a súa facilidade para correr a pista e finalizar contraataques.

Confiamos en que Bulic confirme a súa progresión das últimas tempadas, e que o coñecemento que xa posúe da liga teña como consecuencia unha adaptación rápida ao equipo dirixido por Gustavo Aranzana. O bosníaco é o quinto xogador confirmado nas filas do Leyma Coruña, o primeiro do xogo interior, uníndose a Zach Monaghan, Pablo Ferreiro, Carlos Martínez e Larry Abia.

Campaña de abonados

Segue en marcha a tarifa promocional da campaña de abonados, mediante a cal se manteñen os prezos populares das últimas tempadas adquirindo os carnés antes do 15 de agosto.

Co obxectivo de aumentar a nosa masa social expuxemos a oferta 1máis1, mediante a cal todos os nosos socios e abonados da tempada pasada ven beneficiados se traen un novo socio ou abonado de igual ou maior valor. O desconto equivale a un 50% do prezo do seu abono sobre a tarifa xeral, ou coa gratuidade do segundo carné no caso dos socios.

O trámite está dispoñible en liña a través da nosa web www.basquetcoruna.com, ou presencialmente nas oficinas do club en horario de mañá de 10 a 14 horas.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.