O Leyma Coruña finaliza a pretemporada cunha vitoria ante o Liberbank Oviedo (57-73)

O Leyma Coruña terminou a súa preparación antes do inicio da tempada impóndose ao Liberbank Oviedo no Pumarín (57-73). Unha vitoria baseada nunha boa defensa, deixando ao conxunto asturiano en tan só 57 puntos.

Os de Gustavo Aranzana cimentaron o seu triunfo no dominio en pintura, na defensa a través do rebote e a intimidación en ataque con puntos de Araujo (15 puntos, 6 rebotes), Uchendu (9 puntos, 4 rebotes) e Bulic (11 puntos, 10 rebotes).

Ademais, o cadro laranxa callou unha boa dirección de partido das bases cunha importante achega no tiro exterior de Monaghan. En definitiva, unha boa vitoria nunha pista moi difícil que serve para que o equipo siga crecendo.

Homenaxe a Anxo Hernández

Este venres día 5 o Leyma Coruña inicia a tempada ante o Carramimbre Valladolid ás 20.45 horas no Palacio dos Deportes de Riazor. Será unha partida homenaxe a Anxo Hernández, polo que animamos a todos os afeccionados a que acudan para darlle unha merecida despedida e homenaxe ao excapitán laranxa.

Ademais, todos os abonados e socios que mostren o seu carné en despacho de billetes poderán recoller unha invitación para poder levar a un amigo e contaxiarlle o #sentimientonaranja.