O Leyma Coruña - FC Barcelona Lassa celébrase hoxe no Multiusos Fontes do Sar

Finalmente esta noite partiría entre o Leyma Coruña e o FC Barcelona Lassa. Non será en Riazor, debido a que o Concello da Coruña suspendeu as actividades no complexo deportivo polas inclemencias meteorolóxicas, pero si terá lugar no pavillón santiagués Multiusos Fontes do Sar, á mesma hora iniclamente prevista, é dicir, as 21:00 horas.

O acceso ao pavillón para presenciar o encontro será libre e, para facilitar a asistencia dos afeccionados, o Club herculino ofrece desprazamento gratuíto desde A Coruña, mediante dous autobuses aos que se terá acceso por rigorosa orde de chegada. Os socios e abonados do club terán preferencia e as prazas completaranse cos afeccionados interesados. Por xentileza do Centro de Negocios Finisterre Hostalaría, quen viaxen nestes autocares recibirán un bocadillo na viaxe de regreso.

Os autobuses sairán ás 19:30 horas da parada de bus de Juan Flrez na súa confluencia coa Praza de Pontevedra.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.