O Leyma Coruña e a Obra Social da Caixa, únense na loita contra a sida

O programa "17 partidos, 17 causas" que o Básquet Coruña leva a cabo co apoio da Obra Social ?a Caixa? tratará de concienciar sobre a loita contra a sida e a exclusión social, causa desta xornada ante o Sáez Horeca Araberri, co fin de visibilizar o traballo que o Comité Cidadán Anti-Sida de Coruña (CASCO) desempeña neste ámbito.

Esta recibirá unha homenaxe durante o intermedio entre o primeiro e o segundo cuarto. CASCO desenvolve accións de prevención cos colectivos de maior risco, ademais de prestar acollida en pisos e nun local con servizos básicos de hixiene, alimentación e sociabilización, co obxecto de favorecer a calidade de vida das persoas máis vulnerables, e especialmente das afectadas por esta enfermidade.

A asociación, que naceu por iniciativa dun grupo de persoas enfermas de SIDA e/ou infectadas polo VIH a principios dos anos noventa, conta cun equipo de profesionais que, xunto co traballo dos voluntarios, desenvolve múltiples programas en prol das persoas enfermas de Sida, así como doutros colectivos en situación de clara vulnerabilidade e exclusión, todo iso co apoio das institucións autonómicas e locais.

Ademais de traballar no ámbito da prevención cos colectivos de maior risco, posúen pisos de acollida e un local no que atenden aos seus usuarios facilitándolles os servizos máis básicos de hixiene, alimentación e sociabilización. Así mesmo, desenvolven a súa actividade no ámbito das prisións, prestando unha asistencia integral aos aspectos legais, de saúde e de inserción.

Desde o Básquet Coruña queremos homenaxear o gran traballo que leva a cabo CASCO e concienciar da importancia da prevención e a non exclusión social das persoas portadoras de VIH.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.