O Leyma Coruña despídese este venres da súa afección

O primeiro equipo e o corpo técnico estarán ás 19.30 no Palacio nun acto de despedida

O Leyma Coruña finalizou xa a tempada, tras quedar apeado nos cuartos de final de playoff ante ICL Manresa nun emocionante quinto partido.

O primeiro equipo e o corpo técnico queren despedirse da afección laranxa que lles arroupou todo o ano e en especial nos playoff e para iso o club convocará un acto cos seguidores laranxas este venres ás 19.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.

Os afeccionados poderán sacarse fotos cos seus ídolos, que tamén asinarán autógrafos e despediranse dunha bancada que os arroupou de forma multitudinaria o venres e o domingo na cancha herculina. O Leyma Coruña quere así agradecer todo o agarimo e apoio que recibiron durante toda a tempada