O Leyma Coruña consegue a segunda vitoria desde o perímetro ante o Río Ourense Termal (84-87)

O Leyma Coruña logrou a súa segunda vitoria do curso ante o Río Ourense Termal (84-87) nun encontro marcado pola boa man dos laranxas desde a liña de triplo, cun 42% de acerto.

O duelo comezou moi parello, xa cos coruñeses demostrando máis facilidades para anotar no tiro de media distancia. O primeiro período foi para os locais (28-23). No segundo acto Ourense trataba de irse no luminoso pero os triplos de xogadores onte enrachados como Dimitry Flis ou Trevor Cooney mantiñan ao Leyma Coruña na contenda, índose un arriba ao descanso (50-51).

Tras o paso por vestiarios seguía o partido os mimos camiños, aínda que baixaba a anotación por parte de ambas as escuadras, que cometían varios erros neste acto. Ningunha das dúas era capaz de chegar ao vinte díxitos e o encontro seguía aberto (69-66).

Era no último cuarto cando os laranxas volvían subir enteiros a súa proxección ofensiva. A pesar de que ao final os locais tiñan na última posesión ata dous tiros de tres para levar o encontro á prórroga finalmente o triunfo caía ao lado laranxa.

O Leyma Coruña terá un novo compromiso este sábado ás 20:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor ante o Actel Força Lleida.
Esperámosvos!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.