O Leyma Coruña anuncia a incorporación de Adjehi Baru.

Espérase que chegue a Coruña nos próximos días tras xogar coa selección do seu país nos clasificatorios para o próximo mundial, e coa que ha promediado en 12 partidos e 22 minutos: 7 puntos 4,5 rebotes.

Destaca por ser un bo reboteador e intimidador. A súa capacidade atlética permítelle ser un xogador moi móbil, que corre con facilidade a pista. Capaz de defender a xogadores máis pequenos que el e con bos movementos ofensivos de espaladas ao aro.

Con Baru refórzanse as posicións interiores do equipo e permite poder adestrar con 4 interiores ao longo da semana, cousa que está a ser imposible debido aos continuos problemas físicos de Quinton Stephens.