O Leyma cae en Carballo fronte ao COB (61-81)

Na tarde de onte, o Leyma enfrontouse nun partido amigable ao COB, líder da Adecco Ouro,  dentro dos actos de celebración do 30º aniversario do Xiria.

O partido serviu para non perder ritmo de competición nunha semana na que non hai partido de Liga por estar reservada a data para a disputa da final de Cópaa Príncipe. Todos os xogadores do Leyma dispuxeron de minutos, incluído Marcos Escobar, o canteirán, que onte ante a baixa de Vujasinovic, dispuxo dunha oportunidade.

A baixa do base esloveno foi debido a que este tiña permiso do Club para viaxar a Eslovenia a resolver uns asuntos burocráticos e o xogador estará de novo de volta o vindeiro luns para iniciar os adestramentos co equipo.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.